Rehabilitación e adecuación de naves para uso cultural na parcela da antiga comandancia militar da Coruña
sección cara o mar vista da rúa cuberta interior planta da proposta
equipo
Rocío Casasempere
Iago Valverde
Javier Vila
Santos Vila
cliente
Concello da Coruña
estado
Concurso
memoria
Traballamos con estes dous conceptos, o de liberdade: de uso, de non ter condicionantes no espazo que te limiten. E loitamos contra a sensación de desamparo, mediante o uso de un elemento recoñecible, repetitivo, que confina a inmensidade do horizonte en pequenas partes. Creando pequenos espazos próximos e abarcables, mentres temos de fondo o espazo afastado e inabarcable.
Tratamos de capturar o espazo en pequenas gaiolas. Esas gaiolas definirán a intervención.
A trama vai ser a ferramenta que nos vai permitir traballar estes dous conceptos contraditorios. A trama vai atar as dúas escalas de proxecto, a micro: a dos edificios existentes, cos seus ritmos particulares e a edificación que a rodea. E a escala macro: un gran anaco da cidade que é unha oportunidade de proxecto, pola súa posición fronte ao mar, e como parte dun eixe cultural e creativo que bordea á Coruña.
Tamén vai atar dúas concepcións espaciais, o aberto e o pechado. Asumimos os edificios existentes, abrímolo cara unha gran praza interior do proxecto. Polo tanto abrimos o pechado. E a praza que percorre o proxecto vai estar acoutada pola trama. Polo tanto pechamos o aberto. Para definir as dimensións da trama tratamos de ler os ritmos dos edificios existentes e dos baleiros, ata que cada un dos ritmos particulares harmonizase coa melodía xeral. Establecemos esa nota musical en 4.5 metros. Definimos o cubo, a gaiola, de 4.5×4.5×4.5 que vai dialogar co existente. Unha matriz que ocupe todo o espazo