piso coia

Reforma de piso en rúa Vilagarcia


equipo
Santos Vila

cliente
Privado

estado
Construido


memoria

Coia, polígono residencial froito do crecemento dos anos 50. Torre de tipoloxía de planta en H con fachada norte e sur. Vivenda de 90 m2, construída ao redor dos anos 70. Encárgannos unha actualización dos espazos para habitar unha parella nova. A vivenda ten unha orientación sur e distribúese co seguinte programa: salón, cociña, tres dormitorios, baño e aseo. Unha distribución en planta correcta, optimizada e que funciona.
O cliente pídenos fundamentalmente dúas cousas, aumento do almacenamento persoal e mellora dos baños. A idea do proxecto é crear unha «banda de Möbius» que delimite os espazos públicos dos espazos privativos e estruture o programa da vivenda.
Esta banda materialízase nunha envolvente na que se dispón cara a unha lado o salón (espazo público) e cara o outro os dormitorios e aseos, espazos privados. A «banda de Möbius» organiza os espazos da vivenda. Coa idea de flexibilizar o uso entre o salón e a cociña, a banda perfórase permitindo a relación visual entre os espazos e se encarta permitindo o contacto directo dos mesmos, convertendo dous espazos nun ou independizándoos, segundo as necesidades do uso.
Para a materialización da vivenda elíxese a madeira como material predominante sendo o material que lle dá o carácter á mesma. O resto de materiais son en cores sobrias: brancos e tons grises. Na execución da vivenda búscase a limpeza dos detalles, a sinxeleza construtiva.