Reforma de local comercial para perruqueria
bosquexos iniciais planta e alzado fachada
equipo
Rocío Casasempere
Javier Vila
cliente
Privado
estado
Construido
memoria
O proxecto nace da necesidade de dispoñer dun local adaptado para a realización da actividade sinalada, nun período moi curto de tempo. Por tanto, conceptos como claridade, sinxeleza, rapidez e economía foron claves no proceso de construción do local.
Ante isto, a solución adoptada baséase nunha orde rotunda na disposición das diferentes zonas necesarias, tendo en conta dous aspectos destacados do local orixinal: a súa xeometría e a súa orientación. En resumo, o local organízase en dúas bandas; por unha banda os servizos, formada por acceso, recepción, zona de lavado, aseo e almacén, e polo outro, a zona de traballo e peiteado, con catro postos de barbería, e a zona de espera. Aproveitando a apertura en fachada con dobre orientación, situase a zona de espera no ámbito máis iluminado, en relación coa rúa, e a zona de traballo protexida da incidencia directa do sol, para evitar alteracións incómodas do ambiente de traballo.