donas

Ampliación de centro social en Donas, Gondomar



equipo
Rocío Casasempere
Juán Ramón Sánchez
Javier Vila
Santos Vila

cliente
Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Santa Baia de Donas, Gondomar

estado
Proxecto básico.


memoria

Facer un aparello multiusos, que de servizo a todas as actividades da comunidade, incluídas as festas. Edificio e campo da festa son pezas dunha mesma cousa.
O volume do auditorio convértese na referencia necesitada dun edificio representativo, sinxelo e versatil, pero que conecta coa paisaxe, facéndose visible e reconocible.
O programa resólvese fundamentalmente en dous novos volumes, o auditorio e o bar, mantendo a nova zona de despachos na parte do edificio xa existente.
Tanto o auditorio como o bar son dous espazos nos que é indispensable a súa relación co campo da festa, por tanto dispóñense contiguos a este. Novos volumes sinxelos, metálicos e industrializados, de montaxe rápida e pouco mantemento, con grandes ocos abatibles cara ao torreiro, a modo das cantinas de festa que todos coñecemos.