Rehabilitación da rectoral de Santa Cristina de Cobres
vista das oficinas vista da cafeteria plantas da proposta esquema da entrada de luz natural
equipo
Rocío Casasempere
Iago Valverde
Javier Vila
Santos Vila
cliente
Concello de Vilaboa. Pontevedra
estado
Anteproxecto
memoria
Partimos do estrito respecto á arquitectura tradicional. E Asumimos a ruína como punto de partida, ao admirar o magnífico traballo de cantería do edifico existente. A minuciosa labra da sabedoría dos artesáns da época recupérase, nas partes deterioradas, e incorpórase integramente á intervención.
O cambio de uso do edificio provoca que os espazos existentes, válidos para o uso de vivenda haxa que, teñan un déficit de luz natural que precisan as novas funcións. E iso é especialmente crítico na planta terrea, a planta baixa. Que só dispón de pequenos buratos.
Polo tanto a intervención está obrigada a buscar a luz do sol e metela o máis profundo posible no edificio. A novo tellado terá un lucernario que percorrerá o edificio de adiante a atrás. Un gran vidro situado no cumio do tellado, para evitar problemas de humidades. Este lucernario inundará de luz o primeiro andar. A dificultade reside en que parte de esa luz chegue a planta baixa para facer que a planta baixa teña unha luz natural suficiente. A clave do proxecto está en incorporar na planta primeira un novo lucernario, como un moble mais, que permite chegar a luz do sol ata a planta baixa. Todo este esforzo está xustificado porque a luz natural controlada é fundamental nun espazo de traballo, tanto polo aforro enerxético que supón, tanto en iluminación como en calefacción, como por canto mellora as condicións ambientais e mesmo o ánimo dos traballadores.
O cambio de uso do edificio provoca que os espazos existentes, válidos para o uso de vivenda haxa que, teñan un déficit de luz natural que precisan as novas funcións. E iso é especialmente crítico na planta terrea, a planta baixa. Que só dispón de pequenos buratos.
Sintetizando: proxectamos un lucernario ao longo da cuberta que introduce unha fervenza de luz no edificio, e un segundo lucernario que a canaliza cara os demais espazos. Para que todos estean regados de luz.