moraña

Proxecto de reforma e transformación do edificio do actual Mercado Municipal de Moraña.



equipo
Rocío Casasempere
Iago Valverde
Javier Vila
Santos Vila

cliente
Concello de Moraña. Pontevedra

estado
Anteproxecto


memoria

Convocase un concurso para reconverter a praza de abastos municipal en centro social. O edificio atópase no centro da vila, próximo a unha carballeira.
Mantense o perímetro de muros de pedra e reordénase o interior. Un gran recibidor será o corazón do novo edificio. Suporá a prolongación da carballeira no interior, este espazo fará as funcións de lugar de encontro e distribuirá os usos. O fondo atópase o novo auditorio e na marxe leste disponse a parte de aulas. Ambos participan do gran atrio ou praza cuberta.