comandancia

Rehabilitación e adecuación de naves para uso cultural na parcela da antiga comandancia militar da Coruña



equipo
Rocío Casasempere
Iago Valverde
Javier Vila
Santos Vila

cliente
Concello da Coruña

estado
Concurso


memoria
Traballamos con estes dous conceptos, o de liberdade: de uso, de non ter condicionantes no espazo que te limiten. E loitamos contra a sensación de desamparo, mediante o uso de un elemento recoñecible, repetitivo,  que confina a inmensidade do horizonte en pequenas partes.  Creando pequenos espazos próximos e abarcables, mentres temos de fondo o espazo afastado e inabarcable.
Tratamos de capturar o espazo en pequenas gaiolas. Esas gaiolas definirán a intervención.
A trama vai ser a ferramenta que nos vai permitir traballar estes dous conceptos contraditorios. A trama vai atar as dúas escalas de proxecto, a micro: a dos edificios existentes, cos seus ritmos particulares e a edificación que a rodea. E a escala macro: un gran anaco da cidade que é unha oportunidade de proxecto, pola súa posición fronte ao mar, e como parte dun eixe cultural e creativo que bordea á Coruña.
Tamén vai atar dúas concepcións espaciais, o aberto e o pechado. Asumimos os edificios existentes, abrímolo cara unha gran praza interior do proxecto. Polo tanto abrimos o pechado. E a praza que percorre o proxecto vai estar acoutada pola trama. Polo tanto pechamos o aberto. Para definir as dimensións da trama tratamos de ler os ritmos dos edificios existentes e dos baleiros, ata que cada un dos ritmos particulares harmonizase coa melodía xeral. Establecemos esa nota musical en 4.5 metros. Definimos o cubo, a gaiola, de 4.5×4.5×4.5 que vai dialogar co existente. Unha matriz que ocupe todo o espazo

Posted in <a href="http://alenarquitectura.com/archivos/category/centro-social" rel="category tag">centro social</a>, <a href="http://alenarquitectura.com/archivos/category/concurso" rel="category tag">concurso</a>